Vendas en consigna.Rexistro
En relación coas vendas en consigna, dende o 27 de maio de 2021, engádese a seguinte información a consignar no Libro Rexistro de determinadas operacións intracomunitarias:
Para o vendedor:
A data en que teña lugar a substitución de empresario ou profesional ao que inicialmente foron destinados os bens.
Para o destinatario:
Ademais da descrición e cantidade, o valor dos bens que son retirados do almacén polo vendedor e deixan de estar á súa disposición.
Ademais da descrición e cantidade, o valor dos bens destruídos ou desaparecidos do almacén.