E) Declaración recapitulativa de operacións intracomunitarias
Dende o 1 de marzo de 2020, os empresarios ou profesionais que envíen bens con destino a outro Estado membro no marco de acordos de venda en consigna, deberán incluír na declaración recapitulativa de operacións intracomunitarias (modelo 349):
O número de identificación para os efectos do IVA do empresario ou profesional ao que van destinados os bens, así como o importe inicial estimado do valor destes, no período de declaración relativo á data da expedición.
O número de identificación para os efectos do IVA do empresario ou profesional que substitúe o destinatario inicial dos bens, en caso de producirse tal substitución, no período de declaración no que se anotase no Libro rexistro de determinadas operacións intracomunitarias.
As devolucións de bens dende outro Estado membro ao que previamente foron enviados dende o TAI no marco de acordos de vendas de bens en consigna.