Vendas a distancia de bens importados cuxo importe non exceda de 150 euros
Debemos distinguir se a importación se realiza no Estado membro de destino final dos bens ou un Estado membro distinto.
Se o Estado membro de importación é o Estado membro de destino final dos bens:
Lugar de realización da venda a distancia:
Cando se aplique o réxime de importación (IOSS): a venda a distancia localizarase no Estado membro no que finaliza o transporte, neste caso o Estado membro de importación.
Cando non se aplique o réxime de importación (IOSS): a venda a distancia non se localizará na Unión Europea.
Importación:
Cando se aplique o réxime de importación (IOSS):a importación estará exenta.
Cando non se aplique o réxime de importación (IOSS):a importación non estará exenta e deberá pagarse o IVA correspondente no momento da importación.
Se o Estado membro de importación é distinto do Estado membro de destino final dos bens:
Lugar de realización da venda a distancia:
A venda a distancia localizarase no Estado membro no que finalice o transporte con destino cliente.
Importación:
Cando se aplique o réxime de importación (IOSS): a importación estará exenta.
Cando non se aplique o réxime de importación (IOSS):a importación non estará exenta e deberá pagarse o IVA correspondente no momento da importación.