Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

Cuestións máis frecuentes formuladas neste capítulo

1.Se unha factura se recibe dous anos despois da compra debe declararse o IVA deducible na autoliquidación seguinte ou debe facerse unha rectificación da declaración do período no que se adquiriron os bens?

O IVA deducirase no período de liquidación no que se reciba a factura, ou nos seguintes, posto que é necesario que o suxeito pasivo estea en posesión da factura para poder exercitar o dereito á dedución.En todo caso, hai que ter en conta que o dereito a deducir caduca no prazo de catro anos a contar dende o nacemento do devandito dereito.

Non obstante, se a entidade tivese sido declarada en concurso de acredores e a factura corresponde a cotas soportadas con anterioridade á devandita declaración, o IVA deducible deberá incluírse na autoliquidación correspondente ao período no que se tivesen soportado.

2.Para calcular a porcentaxe de dedución deben terse en conta os anticipos recibidos de clientes?

Si, para calcular a porcentaxe de pro rata deben terse en conta os anticipos no exercicio en que se perciben e devindícase o imposto.

3.O IVA soportado por un empresario na adquisición de obsequios que vai realizar os seus clientes principais pode deducilo?

Non, o IVA soportado en bens destinados a atencións a clientes non é deducible.

4.Un empresario adquire un ordenador por 1.000 euros.Debe regularizar a dedución que practique o primeiro ano os catro anos seguintes?

Non, non debe regularizar a dedución practicada xa que non ten a consideración de ben de investimento ao ser inferior o seu valor a 3.005,06 euros.

5.Ten a consideración de factura unha escritura pública para poder deducir o IVA soportado?

A dedución do imposto en operacións realizadas por empresarios e profesionais debe xustificarse mediante factura completa entregada polo empresario ou profesional que realizase a operación.Non obstante, se na escritura de compravenda se tivesen recollido todos os requisitos previstos no artigo 6 do Regulamento de Facturación, esta poderá ser utilizada como xustificante do dereito á dedución (DGT - Consulta V2433-08).

6.Debe terse en conta para calcular a porcentaxe de dedución unha subvención xenérica que percibe un empresario?

Non, dende 1-1-2006 as subvencións, de calquera tipo, recibidas polos suxeitos pasivos do imposto non limitan o dereito á dedución.Unicamente se computan no cálculo da pro rata, tanto no numerador coma no denominador en función de se forman parte da base impoñible de operacións que xeran ou non o dereito a dedución, as subvencións que constitúen contraprestación, total ou parcial, das operacións suxeitas, e as vinculadas ao prezo.

7.Pode deducirse o IVA soportado na adquisición dun coche por un empresario que o destina á actividade e tamén para desprazamentos privados?

Si, é deducible parcialmente na parte afectada á actividade.Existe unha presunción legal de afectación á actividade nun 50 por cento, de forma que, se se quere deducir unha porcentaxe diferente, o suxeito pasivo ou a Administración deben probar unha afectación maior ou menor na actividade, respectivamente.

8.E se quen o adquire é un taxista para dedicalo ao transporte de viaxeiros?

Neste caso, presúmese afecto ao 100 por cento considerándoo en principio deducible na súa totalidade, sen prexuízo de que a Administración poida demostrar unha afectación inferior.