Funcionamento
1.Determinación da base impoñible operación por operación
Os suxeitos pasivos que cumpran os requisitos que veremos posteriormente teñen dúas alternativas en cada unha das súas operacións:
Aplicar o réxime especial ás súas entregas:
Nas transmisións repercutirán o IVA aplicando o tipo impositivo correspondente ao ben entregado, aplicando un procedemento especial de determinación da base impoñible.
O IVA soportado nas adquisicións dos bens revendidos non é deducible, sen prexuízo da dedución das restantes cotas soportadas no exercicio da súa actividade (teléfono, alugueres, reparacións, etc.).
A base impoñible será a marxe de beneficio.
Aplicar o réxime xeral do imposto.Sen necesidade de comunicación poden non aplicar o réxime especial nas súas entregas, o que supón que:
Deben repercutir o IVA sobre a totalidade da contraprestación.
Poden deducir as cotas que eventualmente tivesen soportado na adquisición dos bens revendidos, aínda que sen poder practicar a dedución ata que se devindiquen as correspondentes entregas.
2.Determinación da base impoñible de forma global.
Cando o suxeito pasivo opte pola determinación da base impoñible mediante a marxe de beneficio global, debe determinar por este procedemento a base impoñible de todas as entregas de bens a que se refire a aplicación do devandito réxime de marxe global, sen que poida aplicar o réxime xeral do imposto respecto de tales entregas.