Requisitos
1.Requisitos subxectivos
Aplícase aos revendedores dos bens que máis adiante se indican.
É revendedor:
Quen de forma habitual adquire bens para a súa revenda.Tamén ten esta condición o organizador de vendas en poxa pública cando actúe en nome propio en virtude dun contrato de comisión de venda.
2.Bens aos que se aplica
O réxime especial aplícase aos bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección.
Son bens usados:
Os bens mobles utilizados por un terceiro que son susceptibles de reutilización e son adquiridos para a súa revenda.
Por exemplo, un revendedor de maquinaria non pode aplicar este réxime a un ordenador que utilizou na súa actividade, xa que non se cumpre o requisito de ter sido utilizado previamente por un terceiro e ser adquirido coa finalidade exclusiva da súa venda.
Non teñen a consideración de bens usados:
Os utilizados, renovados ou transformados polo propio suxeito pasivo revendedor ou pola súa conta.
Os materiais de recuperación, envases, embalaxes, ouro, platino e pedras preciosas.
Son obxectos de arte, sempre que cumpran determinados requisitos:
Cadros, pinturas, debuxos, gravados, estampas, litografías, esculturas, estatuas, baleirados de esculturas, tapizarías, téxtiles, murais, cerámica, esmaltes sobre cobre, fotografías.
Son antigüidades:
Os obxectos que teñan máis de 100 anos de antigüidade e non sexan obxectos de arte ou de colección.
Son obxectos de colección:
Os artigos de filatelia.
Coleccións e espécimes para coleccións de zooloxía, botánica, mineraloxía ou anatomía, ou que teñan interese histórico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnográfico ou numismático.
En ningún caso se aplica este réxime especial ao ouro de investimento.
3.Operacións sobre as que se aplica
Vendas de bens usados. Cando sexan adquiridos
A quen non teña a condición de empresario ou profesional.
Aos que llelo entreguen en virtude dunha operación exenta, xa sexa interior ou intracomunitaria, por ser utilizados polo transmitente en operacións exentas sen dereito a dedución ou ben por ser adquisicións que non deron dereito a deducir as cotas soportadas.
A outro revendedor que llo entregue aplicando este mesmo réxime.
Tamén pode aplicarse a bens de investimento transmitidos nunha operación intracomunitaria por quen se beneficie do réxime de franquía no seu Estado membro de orixe.
Vendas de antigüidades e obxectos de colección. Sonlles de aplicación os mesmos criterios, aínda que tamén cabe a posibilidade de aplicar este réxime especial cando sexan importados polo propio revendedor.
Vendas de obxectos de arte. Cando se encontren nalgún dos supostos indicados nos dous apartados anteriores ou cando sexan adquiridos a empresas ou profesionais que sexan autores ou habentes dereitos destes.Así mesmo, poderán aplicar transitoriamente o réxime especial ás vendas de obxectos de arte adquiridas a empresarios ou profesionais distintos dos revendedores cando na súa adquisición se soportou un tipo reducido.