Saltar ao contido principal
Manual práctico IVA 2021

Prazo e contía mínima solicitude de devolución

1.Prazo de solicitude de devolución

O prazo para a presentación da solicitude de devolución concluirá o 30 de setembro seguinte ao ano natural no que se soportasen as cotas.

2.Contía mínima da solicitude de devolución

O importe do IVA solicitado nunha solicitude relativa a un período de devolución inferior a un ano natural, pero non inferior a tres meses, non poderá ser inferior a 400 euros.

Se a solicitude de devolución se refire a un período de devolución dun ano natural ou á parte restante dun ano natural, o importe do Imposto solicitado non poderá ser inferior a 50 euros.