Prazos de expedición e envío das facturas
O seguinte cadro permite observar os distintos prazos de expedición e envío das facturas, en función da condición do destinatario ou da natureza das operacións:
Condición destinatario/ Natureza operación | Prazo de expedición | Prazo de envío |
---|---|---|
Destinatario non empresario nin profesional | Ao realizar a operación | No momento da súa expedición |
Destinatario empresario ou profesional | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación do imposto correspondente á citada operación | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación do imposto correspondente á citada operación |
Facturas recapitulativas destinadas a non empresarios nin profesionais | O último día do mes natural en que se efectuasen as operacións que se documentan | No momento da súa expedición |
Facturas recapitulativas destinadas a empresarios ou profesionais | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación do imposto correspondente á citada operación | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se producise a devindicación do imposto correspondente á citada operación |
Facturas de entregas intracomunitarias de bens exentos | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se inicie a expedición ou o transporte dos bens con destino ao adquirente | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se inicie a expedición ou o transporte dos bens con destino ao adquirente |
Facturas rectificativas | Así que o obrigado a expedira teña constancia das circunstancias que obrigan a súa expedición | Antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se expedise a factura |
Con esta finalidade, as operacións enténdense realizadas cando se produza a devindicación do IVE.
No caso das operacións en réxime especial do criterio de caixa, estas entenderanse realizadas para estes fins, no momento en que se producise a devindicación do IVE se non lles fose de aplicación a devandita réxime especial. Polo tanto, o prazo para a expedición das facturas correspondentes a estas operacións réxese polos prazos xerais.