17. Factura electrónica obrigatoria
Nos prazos que se indican a continuación desde a aprobación do desenvolvemento regulamentario do que se dispón no artigo 12 da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas, será obrigatorio expedir factura electrónica cando o destinatario da operación sexa empresario ou profesional:
-
No prazo de 1 ano desde a aprobación do Regulamento que regula a factura electrónica para os empresarios e profesionais con volume de operacións superiores a 8.000.000 de euros.
-
No prazo de 2 anos desde a aprobación do Regulamento que regula a factura electrónica para os empresarios e profesionais con volume de operacións inferior a 8.000.000 de euros.
O citado desenvolvemento regulamentario encóntrase recollido no proxecto de Real decreto polo que se desenvolve a lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas, no relativo á facturación obrigatoria entre empresas e profesionais, cuxo texto foi sometido a información pública o 20 de xuño de 2023.