11. Libro rexistro de facturas expedidas
Con efectos do 1 de xullo de 2023 modifícase o artigo 63.3 do Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido para incorporar unha modificación técnica en relación ao Libro de facturas expedidas, establecendo que en operacións acollidas ao réxime especial das axencias de viaxes ou ao réxime especial dos bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección en que non proceda emitir factura rectificativa, anotaranse no libro rexistro de facturas expedidas as regularizacións ou axustes da base impoñible e cota calculada inicialmente, consecuencia de descontos ou outras circunstancias posteriores á devindicación da operación.
Tamén con efectos do 1 de xullo de 2023, modifícase a letra a) do artigo 69 bis.1 do RIVE para establecer que os suxeitos pasivos obrigados a levar os Libros rexistro a través da Sede electrónica (SII) deberán rexistrar estas anotacións antes do día 16 do mes seguinte a aquel en que se advertisen as regularizacións ou axustes.
En relación a estas modificacións, con respecto aos suxeitos pasivos que apliquen ao SII , créase a nova clave de rexistro «AJ» para poder rexistrar de forma separada a base impoñible e a cota en operacións correspondentes ao réxime especial das axencias de viaxes e, de forma optativa, no réxime especial de bens usados (REBU).
Estas modificacións aplicaranse respecto dos axustes que deban incluírse nas autoliquidacións correspondentes a períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xullo de 2023.