3. Vendas a distancia intracomunitaria
Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2023, realízanse unha serie de axustes técnicos para axeitar a regulación do comercio electrónico no IVE á normativa comunitaria:
-
Defínense de forma máis precisa as regras referentes ao lugar de realización das vendas a distancia intracomunitaria de bens e o cálculo do límite de 10.000 euros que permite seguir tributando en orixe por estas operacións.
-
En relación co límite de 10.000 euros referidos no parágrafo anterior, se concreta que, para a aplicación do limiar correspondente, o provedor debe estar establecido solo nun Estado membro e os bens deben enviarse exclusivamente desde o devandito Estado membro de establecemento.