Cuestións máis frecuentes expostas neste capítulo
Tributación polo IVE ou polo concepto de transmisións patrimoniais onerosas do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados das seguintes operacións:
1. Un empresario vende o mobiliario vello por renovación adquirida fai 8 anos.
A entrega tributa polo Imposto sobre o Valor Engadido ao ser realizada por un empresario no desenvolvemento da súa actividade.
2. E se quen vende é un centro de ensino?
Estamos ante unha entrega de bens que non tributa por ningún dos dous impostos:
-
Non tributa por transmisións patrimoniais porque a realiza un empresario.
-
Non tributa por IVE por ser unha das operacións declaradas exentas pola Lei do IVE, ao haberse utilizado os bens en operacións exentas que non xeran o dereito á dedución do IVE soportado (artigo 20.Un.24.º da Lei do IVE).
3. E se un empresario non promotor inmobiliario vende uns piso a un particular para vivenda?
A entrega tributa, por excepción, por transmisións patrimoniais:
-
Non tributa por IVE por ser unha das operacións declaradas exentas pola Lei do IVE ao tratarse dunha segunda ou ulterior entrega de edificacións.
-
Tributa polo concepto de transmisións patrimoniais onerosas, aínda que a realiza un empresario.
4. Compra dunha máquina de escribir usada nunha tenda ou directamente a un particular. Que imposto debe pagarse?
-
Se se compra nunha tenda débese pagar o IVE ao comerciante.
-
Se se compra a un particular debe ingresarse o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais Onerosas.
5. Como tributa a achega de maquinaria afecta a unha actividade empresarial que fai un socio a unha sociedade recibindo a cambio as correspondentes accións?
-
A entrega da maquinaria tributa polo Imposto sobre o Valor Engadido ao ser o aportante un empresario e formar parte do seu patrimonio empresarial.
-
Se é o caso, tributará ademais polo concepto de operacións societarias do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, se se produce a constitución ou aumento do capital ou a achega de socios para repor perdas.