Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2020.

Réxime fiscal especial dos socios

Regulación: Artigo 10 Lei 11/2009

No referente ao tratamento dos dividendos distribuídos con cargo a beneficios ou reservas respecto dos que se aplicase o réxime fiscal especial establecido na Lei 11/2009, cando o perceptor sexa un contribuínte do Imposto sobre Sociedades ou do Imposto sobre a Renda de Non Residentes con establecemento permanente, non será de aplicación a exención establecida no artigo 21 da LIS.

A devandita exención tampouco se aplicará ás rendas obtidas na transmisión ou reembolso da participación no capital de sociedades que optasen polo réxime das SOCIMI, cando o transmitente ou perceptor sexa un contribuínte do Imposto sobre Sociedades ou do Imposto sobre a Renda de Non Residentes con establecemento permanente.