Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Identificación de persoas e entidades

O servizo de axuda Sociedades WEB non admite a presentación de declaracións con persoas ou entidades mal identificadas (NIF de socios, administradores, entidades participadas, etc.).

Por iso, recoméndase a utilización de forma previa do servizo de axuda de identificación que se encontra dispoñible no portal de internet da AEAT, onde se pode consultar a identificación tanto de forma individual coma de forma masiva.

Naqueles casos en que ten cabida a cumprimentación de datos de identificación de terceiros países (mediante campo de país ou marca similar ao efecto), non se realizará a validación contra o censo da AEAT.