Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Creación e vixencia da ZEC

Regulación:Artigos 28 e 29 Lei 19/1994

  • Creación:

    A ZEC créase coa finalidade de promover a creación de emprego de calidade, o desenvolvemento económico e social do arquipélago e a diversificación da súa estrutura produtiva, presidida polo principio de estanquidade xeográfica.

  • Vixencia:

    A vixencia da ZEC ten como límite o 31 de decembro do ano 2026, prorrogable logo de autorización da Comisión Europea.

    Non obstante, a autorización da inscrición no Rexistro Oficial de Entidades da ZEC terá como límite o 31 de decembro do ano 2021.

    O mantemento da Zona Especial Canaria estará condicionado en todo caso ao resultado das revisións periódicas que deba realizar a Comisión Europea.