Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Casa 00043 Obriga Información DT 5ª RIS

Marcarán esta casa os contribuíntes que conxuntamente coa súa declaración do Imposto sobre Sociedades deban presentar nos exercicios en que practiquen a dedución á que fai referencia a disposición transitoria décimo cuarta da LIS, a información esixida pola disposición transitoria quinta do RIS:

  1. Identificación e porcentaxe de participación naquelas entidades participadas cuxa adquisición xerase o dereito a aplicar a referida dedución.

  2. Descrición das súas actividades.

  3. Valor e data de adquisición das participacións, así como o valor do patrimonio neto contable correspondente a estas, determinado a partir das contas anuais homoxeneizadas.

  4. Xustificación dos criterios de homoxeneización valorativa e temporal, así como de imputación aos bens e dereitos da entidade participada, da diferenza existente entre o prezo de adquisición das súas participacións e o patrimonio neto contable imputable a estas na data da súa adquisición.