Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Casa 00012 SOCIMI

Deberán marcar esta casa as SOCIMI e as entidades residentes en territorio español ás que se refire o artigo 2.1 c) da Lei 11/2009, do 26 de outubro, pola que se regulan as Sociedades Anónimas Cotizadas de Investimento no Mercado Inmobiliario, tanto no período impositivo en que as devanditas entidades optasen (mediante a correspondente comunicación á que se refire o artigo 8.1 da Lei 11/2009) por aplicar o réxime especial, coma nos sucesivos períodos nos que sigan aplicando o réxime especial e que conclúan antes de que se comunique a renuncia ao réxime.

No período impositivo en que se opte por aplicar o réxime especial das SOCIMI, as devanditas entidades deberán marcar tamén a casa [00064] «Réxime fiscal entrada SOCIMI» da páxina 1 do modelo 200.