Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Casa 00005 Comunidades titulares de montes veciñais en man común

Marcarán esta casa as comunidades titulares de montes veciñais en man común que estean obrigadas a presentar declaración polo Imposto sobre Sociedades por obter ingresos sometidos ao devandito Imposto, incorrer nalgún gasto ou realizar no período impositivo obxecto de declaración calquera dos investimentos e gastos seguintes:

  • Investimentos para a conservación, mellora, protección, acceso e servizos destinados ao uso social ao que o monte estea destinado.

  • Gastos de conservación e mantemento do monte.

  • Financiamento de obras de infraestrutura e servizos públicos, de interese social.