Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021.

Aplicación de resultados (páxina 20 quater)

Neste apartado, a entidade declarante deberá consignar toda a información dispoñible acerca dos resultados que van ser obxecto de aplicación, tanto no tocante á a súa orixe (recadros [00650], [00651] e [00652]), como no relativo ao destino dos mesmos (recadros [00654], [01270], [01271], [01522] e recadros da [00655] a [00665]).

Nos recadros [00650], [00651] e [00652] do subapartado «Base de reparto», deberase consignar os importes relativos ás partidas contables de Perdas e Ganancias, Remanente e Reservas do exercicio correspondente ao período impositivo ao que se refire a declaración e que van ser obxecto de reparto.

No subapartado «Aplicación», os recadros [00654], [01270], [01271], [01522] e os recadros da [00655] a [00665], utilizaranse segundo as características de cada entidade declarante:

  1. Para as entidades declarantes en xeral, cubriranse o recadro [01270] de «Reserva de capitalización», o recadro [01271] de «Reserva de nivelamento» e o recadro [01522] doutras «reservas », cuxo sumatorio recollerase no recadro [00654] «A reservas», así como o recadro [00656] «A dividendos», o recadro [00664] «A remanente e outros» e o recadro [00665] «A compensación de perdas de exercicios anteriores».

  2. Para o resto de entidades declarantes, a formalización dos diferentes recadros dependerá dos réximes específicos de cada unha delas :

    1. As Sociedades Cooperativas cubrirán:

      • O recadro [00655] para consignar os intereses que constitúan remuneración das achegas ao capital social.

      • O recadro [00659] para a dotación ao Fondo de Reserva Obrigatoria e para a dotación ao Fondo de Educación e Promoción, aínda que para este último soamente para aquela dotación que se efectúe con carácter voluntario e conforme ao que se dispón na Orde EHA/3360/2010, do 21 de decembro.

      • O recadro [00660] para consignar os retornos cooperativos.

    2. As Caixas de Aforros cubrirán o recadro [00658] para consignar a dotación á Obra Social.

    3. As Institucións de Investimento Colectiva cubrirán o recadro [00662] para consignar a asignación aos seus partícipes.

As entidades que consignen un importe negativo [con signo menos (-)] no recadro [00500] da páxina 8 do modelo 200, só deberán cubrir este apartado no caso en que apliquen reservas.

Por último, nos recadros [00653] e [00666] recollerase o total dos importes correspondentes aos subapartados «Base de reparto» e «Aplicación», respectivamente. En todo caso, os importes totais dos recadros [00653] e [00666], deberán ser coincidentes.