Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Cálculo

O importe a consignar na casa [00550] «Basee Impoñible antes da aplicación da reserva de capitalización e da compensación de bases impoñibles negativas» obtense tras aplicar ao resultado da conta de perdas e ganancias (casa [00501]) o total das correccións que correspondan (casas [00417] e [00418]):

[00550] = [00501] + ([00417] - [00418])

O resultado desta operación deberase consignar na casa [00550] en todo caso, mesmo cando sexa igual a cero ou negativo.E neste último suposto precedido do signo menos (-).

A disposición transitoria primeira da LIS establece que os axustes extracontables, positivos e negativos, practicados para determinar as bases impoñibles do Imposto sobre Sociedades correspondentes a períodos impositivos iniciados con anterioridade á entrada en vigor da Lei 27/2014, se tomarán en consideración aos efectos da determinación das bases impoñibles correspondentes aos períodos impositivos nos que sexa de aplicación dita Lei, de acordo co previsto nas normas que os regularon.

En ningún caso será admisible que unha mesma renda non se tome en consideración ou se tome en conta dúas veces para os efectos da determinación da base impoñible polo Imposto sobre Sociedades.