Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Comprobación da Administración

O dereito da Administración para iniciar o procedemento de comprobación das bases impoñibles negativas compensadas ou pendentes de compensación prescribirá aos 10 anos a contar dende o día seguinte aquel en que finalice o prazo establecido para presentar a declaración ou autoliquidación correspondente ao período impositivo en que se xerou o dereito á súa compensación.

Transcorrido o devandito prazo, o contribuínte deberá acreditar as bases impoñibles negativas cuxa compensación pretenda mediante a exhibición da liquidación ou autoliquidación e a contabilidade, con acreditación do seu depósito durante o citado prazo no Rexistro Mercantil.