Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021.

Consideracións xerais

Para os períodos impositivos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2015, os contribuíntes poderán compensar as bases impoñibles negativas coas rendas positivas dos períodos impositivos seguintes sen límite temporal (elimínase, polo tanto, o prazo máximo de 18 anos establecidos pola anterior normativa reguladora do Imposto sobre Sociedades).

Con esta finalidade, a disposición transitoria vixésimo primeira da LIS establece que as bases impoñibles negativas pendentes de compensación ao inicio do primeiro período impositivo que comezase a partir do 1 de xaneiro de 2015, poderanse compensar nos períodos impositivos seguintes.

Importante:

De acordo ao criterio interpretativo fixado polo Tribunal Supremo nas Sentenzas con número 1404/2021,  do 30 de novembro e 1425/2021, do 2 de decembro, os obrigados tributarios teñen o dereito a compensar as bases impoñibles negativas coas rendas positivas dos períodos impositivos seguintes, aínda cando a autoliquidación se presente de maneira extemporánea, sen que a decisión de compensaras ou non, constitúa unha opción tributaria das reguladas no artigo 119.3 da LGT.