Transparencia fiscal internacional
As entidades que imputasen na base impoñible do Imposto a renda positiva dunha ou varias entidades non residentes en territorio español, ao concorrer os supostos contemplados no artigo 100 da LIS, terán dereito a aplicar unha serie de deducións sobre a cota íntegra, cuxo importe deberán consignar no recadro [00575] «Transparencia fiscal internacional (art. 100.10 LIS)» da páxina 14 do modelo 200.
Pode consultar as particularidades das deducións do réxime de transparencia fiscal internacional no Capítulo 9 «Réximes tributarios especiais (I)» deste Manual práctico.