Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Aplicación e interpretación da dedución

  • O contribuínte poderá achegar informe motivado emitido polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (actualmente, Ministerio de Ciencia e Innovación), ou por un organismo adscrito a este, relativo ao cumprimento dos requisitos científicos e tecnolóxicos esixidos na letra a) do artigo 35.1 da LIS para os gastos de investigación e desenvolvemento, na letra a) do artigo 35.2 de dita Lei para os de innovación tecnolóxica, tendo en conta en ambos os dous casos o establecido no artigo 35.3 do LIS.Este informe, emitido nos termos establecidos no Real Deceto 1432/2003, do 21 de novembro (BOE do 29), terá carácter vinculante para a Administración tributaria.

  • Ademais, o contribuínte poderá formular consultas sobre a interpretación e aplicación desta dedución, cuxa contestación terá carácter vinculante para a Administración tributaria, nos termos previstos nos artigos 88 e 89 da Lei Xeral Tributaria.

  • Igualmente, o contribuínte poderá solicitar á Administración tributaria a adopción de acordos previos de valoración dos gastos e investimentos correspondentes a proxectos de investigación e desenvolvemento ou de innovación tecnolóxica, conforme ao previsto no artigo 91 da Lei Xeral Tributaria.