Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2021

Ámbito de aplicación

Este réxime tributario especial está regulado no Capítulo II do Título VII da LIS, e aplícase ás seguintes entidades:

  • Agrupacións de Interese Económico españolas (AIE), que cumpran os requisitos establecidos na Lei 12/1991, do 29 de abril, de Agrupacións de Interese Económico, e que non se encontren no suposto recollido no artigo 43.5 do LIS.Este artigo establece que non se aplicará o réxime fiscal especial nos períodos impositivos en que as agrupacións realicen actividades distintas das adecuadas ao seu obxecto ou posúan, directa ou indirectamente, participacións en sociedades que sexan socios seus, ou dirixan ou controlen, directa ou indirectamente, as actividades dos seus socios ou de terceiros.

  • Agrupacións Europeas de Interese Económico, que cumpran os requisitos recollidos no Regulamento (CEE) n.º 2137/1985 do Consello, de 25 de xullo de 1985, e que non se encontren no suposto recollido no artigo 44.2 do LIS.Este artigo establece que non se aplicará o réxime fiscal especial naqueles períodos impositivos en que as agrupacións realicen actividades distintas ás propias do seu obxecto ou as prohibidas no artigo 3.2 do Regulamento (CEE) n.º 2137/1985, do 25 de xullo.

  • Unións Temporais de Empresas (UTE), que cumpran os requisitos establecidos nos artigos 7º e 8º da Lei 18/1982, do 26 de maio, sobre réxime fiscal de agrupacións e unións temporais de empresas e de sociedades de desenvolvemento industrial rexional, estean inscritas no rexistro especial do Ministerio de Facenda (actualmente, Ministerio de Facenda e Función Pública), e que non se encontren no suposto recollido no artigo 45.3 do LIS.Este artigo establece que non se aplicará o réxime fiscal especial naqueles períodos impositivos en que estas entidades realicen actividades distintas a aquelas en que debe consistir o seu obxecto social.

A ter en conta:

As entidades que non cumpran cos requisitos esixidos para tributar polo réxime especial, tributarán integramente polo réxime xeral do Imposto sobre Sociedades, sen ter en conta ningunha das particularidades do devandito réxime especial.