Asimetrías híbridas
Con efectos para os períodos impositivos que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2020 e que non concluísen a 11 de marzo de 2022, a Lei 5/2022, do 9 de marzo, pola que se modifican a Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades, e o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes, aprobado mediante Real decreto Lexislativo 5/2004, do 5 de marzo, en relación coas asimetrías híbridas, introduce un novo artigo 15 bis na LIS, coa conseguinte derrogación do artigo 15 j) da LIS , e engade os apartados 6 e 7 ao artigo 18 do Texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes, co obxecto de traspor a Directiva (UE ) 2016/1164 do Consello, do 12 de xullo de 2016, na redacción dada pola Directiva (UE) 2017/952 do Consello, do 29 de maio de 2017, no relativo ás asimetrías híbridas que teñen lugar entre España e outros Estados Membros e entre España e terceiros países ou territorios.
Con carácter xeral, coa introdución deste novo artigo 15 bis da LIS , trátase de neutralizar os efectos fiscais que xeran as asimetrías híbridas xeradas entre un contribuínte do Imposto sobre Sociedades situadas en territorio español e unha entidade vinculada establecida noutro Estado Membro ou nun terceiro país ou territorio, cando realizan operacións que teñen diferente cualificación fiscal en España e nesoutro outro país.
Pode consultar as particularidades das asimetrías híbridas no Capítulo 5 deste Manual práctico.