Recadro 00069 Réxime especial de buques e empresas navieiras nas Canarias
Marcarán este recadro os buques e empresa navieiras inscritos no Rexistro Especial de Buques e Empresas navieiras conforme ao que se dispón no Capítulo I do Título VII da Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias, que cubran calquera dos apartados relativos á aplicación do réxime especial de buques e empresas navieiras nas Canarias.
En particular, marcarán este recadro cando apliquen as bonificacións establecidas nos apartados 1 e 2 do artigo 76 da Lei 19/1994, así como para poder cubrir o cadro de desagregación de compensación de bases impoñibles negativas, detallando de forma separada a parte que corresponda ás actividades que xeran o dereito á aplicación do réxime especial de buques e empresas navieiras nas Canarias, de que corresponda ás actividades que non xeren este dereito.
Lembre:
Os buques e empresas navieiras que marquen este recadro, deberán marcar tamén o recadro [00029] «Réxime especial Canarias» da páxina 1 do modelo 200.