Importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo
Deberase incluír nos supostos que se sinalan a continuación, información sobre o importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo no cadro «Importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo» da páxina 1 do modelo 200.
Formalización do cadro «Importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo»
O contribuínte deberá informar neste cadro sobre o importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo para os efectos de determinar, se procede, a aplicación da tributación mínima (recadro [00619]), os límites ás correccións contables das dotacións ás que se refire o artigo 11.12 da LIS (recadro [00211]), á compensación de bases impoñibles negativas (recadro [00547]), á compensación de cotas por perdas das cooperativas (recadro [00561]), ás deducións por dobre imposición interna prevista no artigo 30 do RDLeg. 4/2004 e no DT 23ª da LIS (recadros [00570], [01344] e [01280]), ás deducións por dobre imposición internacional dos artigos 31 e 32 do RDLeg . 4/2004 e 31 e 32 da LIS (recadros [00572], [00571], [00573]) e / ou á dedución por transparencia fiscal internacional do artigo 100.10 da LIS (recadro [00575]).
Con esta finalidade, o contribuínte deberá indicar unha das situacións seguintes:
-
Contribuínte cuxo importe neto da cifra de negocios (INCN) sexa inferior a 20 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo.
-
Contribuínte cuxo importe neto da cifra de negocios (INCN) sexa polo menos de 20 millóns de euros, pero inferior a 60 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo.
-
Contribuínte cuxo importe neto da cifra de negocios (INCN) sexa polo menos de 60 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo.
Para ter en conta:
A opción indicada polo contribuínte tera en contase para o cálculo do importe do resto dos recadros que precisen coñecer este dato, polo que unha vez cumprimentado o cadro da páxina 1, cando se acceda ao resto de recadros que precisen o devandito cálculo, non se volverá a mostrar a xanela de desagregación. Non obstante, poderase modificar a opción elixida accedendo ao cadro da páxina 1.