Entidades menores dependentes de diocese, provincia relixiosa ou entidade eclesiástica integradas na declaración, previamente autorizadas
Este apartado situado na páxina 2 bis do modelo 200 deberá ser cumprimentado por aquelas entidades eclesiásticas que previamente marcasen a clave [00078] «Diocese, provincia relixiosa ou entidade eclesiástica que integra entidades menores delas dependentes »da páxina 1 do devandito modelo, é dicir, aquelas entidades eclesiásticas que, previa solicitude á oficina territorial competente da Axencia Estatal da Administración Tributaria, obtivesen o recoñecemento como contribuínte do Imposto sobre Sociedades cun ámbito máis amplo ao correspondente ao da súa propia personalidade xurídica, en cuxo caso englobarán todas as actividades e rendementos das entidades inferiores que dese contribuínte dependan.
Neste apartado, as entidades eclesiásticas cun ámbito máis amplo (normalmente as dioceses ou provincias relixiosas) que obtivesen o recoñecemento como contribuínte do Imposto sobre Sociedades, deberán consignar o número de identificación fiscal (NIF) e o nome ou razón social de cada unha das entidades menores que delas dependan.
Pode consultar como tributan estas entidades eclesiásticas no Capítulo 1 deste Manual práctico.