Suposto práctico de deducións
A sociedade «A» que ten un importe neto da cifra de negocios inferior a 20 millóns de euros e non tributa no réxime de consolidación fiscal e cuxo exercicio económico ten unha duración de doce meses e é coincidente co ano natural, conta cos seguintes datos á hora de presentar a súa declaración do Imposto sobre Sociedades do exercicio 2022 :
-
A cota íntegra, minorada nas deducións por dobre imposición e nas bonificacións (recadro [00582] «Cota íntegra axustada positiva» da páxina 14 do modelo 200), é de 100.000 euros.
-
Ten pendentes de aplicación as seguintes deducións procedentes de períodos anteriores:
-
Exercicio 2015 : Por investimento de beneficios: 20.000 euros.
-
Exercicio 2016 : Por gastos en investigación e desenvolvemento: 2000 euros.
-
Exercicio 2017 : Por donativos á UNICEF ##1##: 1.000 euros.
-
Exercicio 2018 : Por creación de emprego para traballadores con discapacidade: 3.300 euros.
-
Exercicio 2019 : Pola súa participación no VII Centenario do Arquivo da Coroa de Aragón: 1.800 euros.
-
Exercicio 2020 : Por gastos en innovación tecnolóxica: 2.500 euros.
-
-
Durante o exercicio 2022, realizou investimentos nas Canarias por adquisición de activos fixos materiais que, de acordo co que se dispón na Lei 20/1991, dan dereito a unha dedución por importe de 2000 euros.
-
O importe da dedución por actividades de investigación e desenvolvemento correspondente a gastos e investimentos efectuados no exercicio 2022 ascende a 21.000 euros (excede do 10 por cento da cota íntegra de 2022 minorada nas deducións para evitar a dobre imposición e as bonificacións). No exercicio 2022, non efectúa investimentos en innovación tecnolóxica.
Solución:
Cota íntegra axustada positiva (recadro [00582]): 100.000 euros
Aplicación das deducións:
- Por investimento de beneficios 2015 (saldo pendente): 20.000
Aplícase: 20.000
- Por gastos en investigación e desenvolvemento 2016 (saldo pendente): 2000
Aplícase (1): 2000
- Por donativos á UNICEF 2017 (saldo pendente): 1.000
Aplícase: 1.000
- Por creación de emprego para traballadores con discapacidade 2018 (saldo pendente): 3.300
Aplícase (1): 3.300
- Pola súa participación no VII Centenario do Arquivo da Coroa de Aragón 2019 (saldo pendente): 1.800
Aplícase (1): 1.800
- Por gastos en innovación tecnolóxica 2020 (saldo pendente): 2.500
Aplícase (1): 2.500
- Por investimentos nas Canarias realizadas en 2022: 2000
Aplícase (2): 2000
- Por gastos en investigación e desenvolvemento 2022 : 21.000
Cálculo cota líquida :
Cota íntegra, minorada en deducións por dobre imposición e bonificacións = 100.000 euros
(-) Deducións aplicadas = 52.000 euros
Cota líquida (recadro [00592]) = 48.000 euros
Notas ao exemplo:
(1) O límite conxunto das deducións do Capítulo IV do Título VI da LIS ascende a 50.000 euros. De acordo co previsto no artigo 39 da LIS elévase do 25 ao 50 por cento sobre a cota íntegra axustada positiva, ao exceder o importe da dedución por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica do 10 por cento do devandito importe. (volver investigación 2015) (volver creación) (volver participación) (volver innovación) (volver investigación 2020)
(2) O límite aplicable segundo a Lei 20/1991, ascende ao 50 por cento sobre a cota íntegra axustada positiva (50.000 euros). (Volver)
(3) Esta dedución non se pode aplicar na súa totalidade por superar o referido límite conxunto. (Volver)
Formalización da declaración do Imposto no exercicio 2022 (cadros páxinas 16 bis, 17, 18 e 18 bis do modelo 200)
Total | [00886] | 2000 | [00590] | 2000 | [00887] | 0 |
Deducións | Dedución pendente xerada | Aplicado nesta liquidación | Pendente de aplicación en exercicios futuros | |||
---|---|---|---|---|---|---|
2022 : Investimentos nas Canarias (Lei 20/1991) |
[00767] | 2000 | [00768] | 2000 | [00769] | 0 |
Total | [00831] | 51.600 | [00588] | 50.000 | [00832] | 1.600 |
Deducións | Dedución pendente xerada | Aplicado nesta liquidación | Pendente de aplicación en exercicios futuros | |||
---|---|---|---|---|---|---|
2015 : Suma deducións Cap. IV Tít. VI Lei 43/95, RDLeg. 4/2004 e LIS (agás I+D+i) |
[00813] | 20.000 | [00814] | 20.000 | [00815] | 0 |
2016 : Investigación e desenvolvemento (CT) | [01617] | 2000 | [01618] | 2000 | [01619] | 0 |
2017 : Suma deducións Cap. IV Tít. VI Lei 43/95, RDLeg. 4/2004 e LIS (agás I+D+i) |
[01847] | 1.000 | [01848] | 1.000 | [01849] | 0 |
2018 : Suma deducións Cap. IV Tít. VI Lei 43/95, RDLeg. 4/2004 e LIS |
[02218] | 3.300 | [02219] | 3.300 | [02220] | 0 |
2019 : Suma deducións Cap. IV Tít. VI Lei 43/95, RDLeg. 4/2004 e LIS (agás I+D+i) |
[02353] | 1.800 | [02354] | 1.800 | [02355] | 0 |
2020 : Innovación tecnolóxica (IT) | [00234] | 2.500 | [00235] | 2.500 | [00236] | 0 |
2022 : Investigación e desarollo (CT) | [00798] | 21.000 | [00799] | 19.400 | [00800] | 1.600 |