Información a subministrar
O artigo 14 do RIS establece que a información país por país comprenderá, respecto do período impositivo da entidade dominante, de forma agregada, por cada país ou xurisdición:
-
Ingresos brutos do grupo , distinguindo entre os obtidos con entidades vinculadas ou con terceiros.
-
Resultados antes do Imposto sobre Sociedades ou Impostos de natureza idéntica ou análoga ao mesmo.
-
Impostos sobre Sociedades ou Impostos de natureza idéntica ou análoga satisfeitos, incluíndo as retencións soportadas.
-
Impostos sobre Sociedades ou Impostos de natureza idéntica ou análoga ao mesmo reportados, incluíndo as retencións.
-
Importe da cifra de capital e outros resultados non distribuídos na data de conclusión do período impositivo.
-
Cadro de persoal medio.
-
Activos materiais e investimentos inmobiliarios distintos de tesourería e dereitos de crédito.
-
Lista de entidades residentes, incluíndo os establecementos permanentes e actividades principais realizadas por cada unha delas .
-
Outra información que se considere relevante e unha explicación, se é o caso, dos datos incluídos na información.