Inaplicación do réxime especial
Regulación: Artigo 89.2 LIS
O réxime especial non se aplicará cando:
-
A operación realizada teña como principal obxectivo a fraude ou a evasión fiscal.
-
A operación non se efectúe por motivos económicos válidos, tales como a reestruturación ou a racionalización das actividades das entidades que participan na operación, senón coa mera finalidade de conseguir unha vantaxe fiscal.
No caso de que as actuacións de comprobación da Administración tributaria determinen a inaplicación total ou parcial do réxime fiscal especial por aplicación do que se dispón no parágrafo anterior, eliminarán exclusivamente os efectos da vantaxe fiscal.