Gastos Fondo de Educación e Promoción
a) Resultados cooperativos
No recadro [C4] incluiranse as cantidades dos resultados cooperativos que as cooperativas destinen, con carácter obrigatorio, ao Fondo de Educación e Promoción, e que sexan fiscalmente deducibles conforme ao que se dispón nos artigos 18.2 e 19 da Lei 20/1990.
A efectos fiscais, a contía deducible da dotación ao Fondo de Educación e Promoción non poderá exceder en cada exercicio económico do 30 por cento dos excedentes netos do mesmo. O exceso non será fiscalmente deducible.
O artigo 58.1 da Lei 27/1999 establece que, dos excedentes contabilizados para a determinación do resultado cooperativo, unha vez deducidas as perdas de calquera natureza de exercicios anteriores e antes da consideración do Imposto sobre Sociedades, destinarase ao Fondo de Educación e Promoción, polo menos, o 5 por cento.
Para ter en conta:
As dotacións a este fondo con cargo a resultados cooperativos que non sexan fiscalmente deducibles deberanse incluír como gasto contable no recadro [C2]. Ademais, pola parte que non sexa fiscalmente deducible deberase realizar un axuste positivo ao resultado contable (recadro [C6]), cuxo importe deberá incluírse no recadro [C7].
b) Resultados extracooperativos
No recadro [E4] recolleranse as cantidades dos resultados extracooperativos que sexan destinadas polas cooperativas ao Fondo de Educación e Promoción. Estas cantidades non son fiscalmente deducibles.
Para ter en conta:
As dotacións a este fondo con cargo a resultados extracooperativos, non son fiscalmente deducibles, polo que deberá facerse un axuste positivo ao resultado contable (recadro [E6]) cuxo importe deberá incluírse no recadro [E7].