Reserva para investimentos en Canarias
A reserva para investimentos nas Canarias (de agora en diante, RIC) é un incentivo fiscal que permite ás entidades suxeitas ao Imposto sobre Sociedades (agás as excluídas polo artigo 27 e a disposición adicional duodécima da Lei 19/1994, do 6 de xullo), a redución na base impoñible das cantidades que, en relación cos seus establecementos situados nas Canarias, destinen dos seus beneficios á reserva para investimentos nas Canarias de acordo co que se dispón no artigo 27 da Lei 19/1994, do 6 de xullo de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias.
Para ter en conta:
Á hora de aplicar esta redución deberanse ter en conta as condicións especiais previstas nas disposicións adicionais primeira a cuarta do Real Decreto-lei 15/2014, do 19 de decembro, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias.
Tamén se deberá ter en conta o que se dispón na disposición transitoria única do Real Decreto-lei 15/2014,##1## en que se regula o réxime transitorio aplicable ás dotacións da RIC realizadas antes do 1 de xaneiro de 2015, aos investimentos anticipados da RIC efectuadas antes do 1 de xaneiro de 2015 e á consideración como beneficios non aptos para dotar a RIC ás rendas que se beneficiasen do réxime de dedución do artigo 42 do RDLeg. 4/2004.