Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2023.

Validación e vista previa da declaración

  • Unha vez cumprimentada a declaración, pulsando o botón «Validar declaración» realízase unha comprobación do estado da declaración. Esta comprobación pódese realizar en calquera momento de formalización da declaración. En calquera caso, esta revisión efectuarase automaticamente cando se seleccione «Asinar e enviar».

  • Na validación da declaración, presentarase unha lista cos avisos, advertencias ou erros atopados:

    • É conveniente que revise os avisos e advertencias que se presentan.

    • Se existen erros non se permitirá a xeración do ficheiro.

    • As advertencias notifican unha omisión de datos cuxa emenda podería ser requirida posteriormente por parte da Administración Tributaria. 

  • Se o desexa pode acceder tamén á vista previa da declaración.

    Lembre:

    Pode realizar simulacións de posibles declaracións de Sociedades mediante o servizo «Sociedades WEB Open (Simulador)». Non obstante, os cálculos e probas realizadas con este programa non lle permitirán presentar as declaracións de Sociedades efectuadas, xa que para iso cómpre utilizar o servizo de axuda Sociedades WEB.