Recadro 00072 Extinción de entidade
Deberán marcar este recadro aquelas entidades que non apliquen o límite establecido no artigo 26.1 da LIS para a compensación de bases impoñibles negativas no período impositivo obxecto de declaración en que se produza a súa extinción.
Lembre:
No último parágrafo do artigo 26.1 da LIS establécese que o límite para a compensación de bases impoñibles negativas establecidas no devandito apartado, non se aplicará no período impositivo en que se produza a extinción da entidade, non sendo que a mesma sexa consecuencia dunha operación de reestruturación á que resulte de aplicación o réxime fiscal especial establecido no Capítulo VII do Título VII desta Lei.