Recadro 00089 Partícipe de agrupación de interese económico ou de unión temporal de empresas
Marcarán este recadro os partícipes residentes en territorio español ou non residentes con establecemento permanente en territorio español dunha agrupación de interese económico ou dunha unión temporal de empresas, así como de agrupacións europeas de interese económico que apliquen o réxime especial regulado no Capítulo II do Título VII da LIS .
Os socios que marquen este recadro poderán cubrir a información do apartado «Partícipe de agrupacións de interese económico e UTES» da páxina 24 bis do modelo 200.