Importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo
O contribuínte deberá incluír neste cadro da páxina 1 do modelo 200 información sobre o importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo para os efectos de determinar, se procede, a aplicación da tributación mínima (recadro [00619]).
Con esta finalidade, o contribuínte deberá indicar unha das situacións seguintes:
-
Contribuínte cuxo importe neto da cifra de negocios (INCN) sexa inferior a 20 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo.
-
Contribuínte cuxo importe neto da cifra de negocios (INCN) sexa polo menos de 20 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo.
Para ter en conta:
A opción indicada polo contribuínte tera en contase para o cálculo do importe do resto dos recadros que precisen coñecer este dato, polo que unha vez cumprimentado o cadro da páxina 1, cando se acceda ao resto de recadros que precisen o devandito cálculo, non se volverá a mostrar a xanela de desagregación. Non obstante, poderase modificar a opción elixida accedendo ao cadro da páxina 1.