F. Identificación do titular real da entidade
As entidades que depositen contas anuais agás aquelas que coticen nun mercado regulado nos termos previstos no artigo 3.6.a). i) da Directiva (UE) 2015/849 e no artigo 9.4 do Regulamento da Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo, deberán identificar o titular real da entidade.
Segundo o previsto no artigo 4.2 b) da Lei 10/2010, do 28 de abril, teñen a calidade de «titular real» a persoa ou persoas físicas que en último termo posúan ou controlen, directa ou indirectamente, unha porcentaxe superior ao 25 por cento do capital ou dos dereitos de voto dunha persoa xurídica, ou que por outros medios exerzan o control, directo ou indirecto, dunha persoa xurídica.
Así mesmo, segundo o que se dispón no artigo 4.2 b bis) da Lei 10/2010, do 28 de abril, cando non exista unha persoa física que cumpra cos requisitos de control esixidos no artigo 4.2 b) da Lei 10/2010, considerarase que exerce o devandito control o administrador ou administradores. No caso de que o administrador designado fóra unha persoa xurídica, entenderase que o control é exercido pola persoa física nomeada polo administrador persoa xurídica. En caso de consello de administración deberá relacionarse a todos os conselleiros.
As entidades suxeitas a esta obriga de información deberán cubrir o cadro «F. Identificación do titular real da entidade »da páxina 2 bis do modelo 200, consignando os seguintes datos:
-
«Tipo documento identificativo».
-
«NIF/código de identificación estranxeira».
-
«Apelidos e nome».
-
«País de expedición do documento de identificación».
-
«Data de nacemento».
-
«País de residencia».
-
«Nacionalidade».