Obrigados a presentar o modelo
Están obrigados a presentar o modelo 232 de declaración informativa de operacións vinculadas e de operacións e situacións relacionadas con países ou territorios cualificados como xurisdicións non cooperativas:
-
Os contribuíntes do Imposto sobre Sociedades e do Imposto sobre a Renda de non Residentes que actuen mediante establecemento permanente, así como as entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español, que realicen as seguintes operacións con persoas ou entidades vinculadas nos termos previstos no artigo 18.2 da LIS, deberán cubrir o cadro relativo á «Información de operacións con persoas ou entidades vinculadas (art. 13.4 RIS)» do modelo 232:
-
Operacións realizadas coa mesma persoa ou entidade vinculada sempre que o importe da contraprestación do conxunto de operacións no período impositivo supere os 250.000 euros, de acordo co valor de mercado.
-
Operacións específicas, sempre que o importe conxunto de cada unha deste tipo de operacións no período impositivo supere os 100.000 euros.
Teñen a consideración de operacións específicas aquelas operacións excluídas do contido simplificado da documentación a que se refiren os artigos 18.3 da LIS e 16.5 do RIS .
Este cadro non se debe cubrir respecto das seguintes operacións:
-
As operacións realizadas entre entidades que se integren nun mesmo grupo de consolidación fiscal, sen prexuízo do previsto no artigo 65.2 da Lei do Imposto sobre Sociedades.
-
As operacións realizadas cos seus membros ou con outras entidades integrantes do mesmo grupo de consolidación fiscal polas agrupacións de interese económico e unións temporais de empresas. Non obstante, si que deberán presentar esta declaración no caso de unións temporais de empresas, ou fórmulas de colaboración análoga ás unións temporais, que se acollan ao réxime establecido no artigo 22 da LIS .
-
As operacións realizadas no ámbito de ofertas públicas de venda ou de ofertas públicas de adquisición de valores.
-
-
Os contribuíntes que apliquen a redución das rendas precedentes de determinados activos intanxibles previstas no artigo 23 LIS porque obteñen rendas como consecuencia da cesión de determinados intanxibles a persoas ou entidades vinculadas, deberán cubrir o cadro relativo ás «Operacións con persoas ou entidades vinculadas en caso de aplicación da redución das rendas precedentes de determinados activos intanxibles (art. 23 e DT 20ª LIS)» do modelo 232.
-
Os contribuíntes que realicen operacións ou teñan valores en países ou territorios cualificados como xurisdicións non cooperativas independentemente do seu importe, deberán cubrir o cadro «Operacións e situacións relacionadas con países ou territorios cualificados como paraísos fiscais» do modelo 232.