Saltar ao contido principal
Manual práctico de Sociedades 2023.

Criterios de imputación

Regulación: Artigo 46 LIS

As entidades que apliquen este réxime especial, deberán efectuar as imputacións referidas nos apartados anteriores ás persoas ou entidades que ostenten os dereitos económicos inherentes á calidade de socio ou de empresa membro o día da conclusión do período impositivo da entidade sometida ao devandito réxime, na proporción que resulte dos estatutos da entidade.

No referente ao momento da imputación débese distinguir:

  • Se os socios están tamén sometidos a este réxime especial, a imputación efectuarase na data de finalización do período impositivo da entidade que participan.

  • Nos demais supostos, a imputación efectuarase no seguinte período impositivo, non sendo que se decida facero de maneira continuada na mesma data de finalización do período impositivo da entidade sometida a este réxime.

    A opción manifestarase na primeira declaración do imposto en que teña que producir efecto, que se manterá durante tres anos.

    Lembre:

    Os socios das agrupacións de interese económico, españolas ou europeas ou das unións temporais de empresas deberánmanifestar a opción no apartado «B.Criterio de imputación art. 46.2 LIS» do cadro «Partícipe de agrupacións de interese económico e UTE» da páxina 24 bis do modelo 200.