Diminucións (axustes negativos)
Consignaranse nos recadros [02841] e [02842] os axustes derivados da diferenza de criterios de valoración correspondente a un e outro tipo de resultados, que impliquen unha diminución do resultado consignado nos recadros [02837] e [02838].
En particular, en aplicación do que se dispón no artigo 36 da Lei 20/1990, as unións, federacións e confederacións de cooperativas deberán incluír nos recadros [02841] e [02842] como axustes negativos, as correccións derivadas da aplicación da exención no Imposto sobre Sociedades nos termos establecidos no Capítulo XIV do Título VII da LIS que regula o réxime das entidades parcialmente exentas.