Gravames temporais
A Lei 38/2022, do 27 de decembro, establece o gravame temporal enerxético e o gravame temporal de entidades de crédito e establecementos financeiros de crédito. Os devanditos gravames terán carácter temporal durante os anos 2023 e 2024.
O gravame temporal enerxético deberán satisfacero as persoas ou entidades que teñan a consideración de operador principal nos sectores enerxéticos, segundo a Resolución de 10 decembro de 2020 da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
O gravame temporal de entidades de crédito e establecementos financeiros de crédito deberá ser satisfeito polas entidades de crédito e establecementos financeiros de crédito que operen en territorio español cuxa suma de ingresos por intereses e comisións correspondentes ao exercicio 2019 sexa igual ou superior a 800 millóns de euros.
Ambos os dous gravames configúranse como unha prestación patrimonial de carácter público non tributario, que non teñen a consideración de gastos fiscalmente deducibles para os efectos da determinación da base impoñible do Imposto sobre Sociedades.