Tributación operacións derivada Resolución do Banco Popular Español
O 30 de xuño de 2017 publícase no BOE a Resolución do 7 de xuño de 2017, da Comisión reitora do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), pola que se acorda adoptar o dispositivo de resolución sobre a entidade Banco Popular Español, S. A., en cumprimento do que se dispón no artigo 29 do Regulamento (UE ) nº. 806/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de xullo de 2014, polo que se establecen normas e un procedemento uniforme para a resolución de entidades de crédito e de determinadas empresas de servizos de investimento no marco dun Mecanismo Único de Resolución e un Fondo Único de Resolución e modifícase o Regulamento (UE ) nº 1093/2010.
O instrumento de resolución é a venda da entidade , mediante a transmisión da totalidade das accións do Banco Popular á entidade Banco Santander , cuxa oferta foi a única que cumpría os requisitos para a súa admisión.
Con anterioridade procedeuse á amortización e conversión dos instrumentos de capital pertinente. No fundamento de dereito terceiro, refírese á execución da facultade de amortización e conversión realizando unha identificación dos instrumentos de capital:
-
Accións representativas do capital social do Banco Popular: son as chamadas que hai que amortizar en primeiro lugar.
-
Instrumentos de capital adicional de nivel 1 (obrigas, bonos, participacións preferentes): convértense en accións e amortízanse en segundo lugar.
-
Instrumentos de capital adicional nivel 2 (débeda subordinada, emisións non cotizadas): convértense en accións (que son as que finalmente se venden ao Banco de Santander).
O 12 de setembro de 2017 o Banco de Santander, S. A. aproba, e inscribe nos Rexistros Oficiais da Comisión Nacional do Mercado de Valores, unha Nota de Valores relativa á Oferta Pública de Venda (OPV) de obrigas perpetuas contingentemente amortizables ou Bonos de Fidelización do Banco de Santander S. A.
O Banco de Santander, S. A. ofrece a determinados accionistas (que adquiriron as súas accións entre o 26-5-2016 e o 21-6-2016) e obrigacionistas (obrigas subordinadas computables como tier 2 das emisións con códigos ISIN ES0213790019 ou ES0213790027), que cumpran determinadas condicións, uns bonos de fidelización: Os bonos negócianse no mercado de renda fixa AIAF. Terán un vencemento a 7 anos e un tipo de xuro do 1 %anual que se pagará trimestralmente.
Integración no IRPF das rendas obtidas por accionistas e obrigacionistas:
1. Colectivo de obrigacionistas 2. Colectivo de accionistas