2. Colectivo de accionistas
- Accionistas que acepten os bonos de fidelización
- Tratamento e integración da amortización das accións do Banco Popular Español S. A.:
-
TRIBUTACIÓN: Xérase unha perda patrimonial derivada da transmisión, cuxo importe é a diferenza entre o valor de transmisión (0 euros) e o valor de adquisición pago polo contribuínte, a integrar na base impoñible do aforro.
-
RENDA 2017:
-
A información contida nos datos fiscais destes contribuíntes indícalles que deben ter en conta esta perda, derivada da amortización das súas accións do Banco Popular Español.
-
IMPORTANTE. Para a cuantificación da perda, cómpre que o contribuínte dispoña da información correspondente á adquisición das accións que foron obxecto de amortización.
-
Tratamento da entrega dos bonos de fidelización aos accionistas :
-
TRIBUTACIÓN: Xérase unha ganancia patrimonial polo valor de mercado das novas obrigas a integrar na base impoñible do aforro, que posibilita a compensación da perda patrimonial anterior.
-
RENDA 2017 : O importe dos mesmos débese declarar como ganancia pola contía que consta no campo "Importe da operación "do apartado de datos fiscais denominados Bonos de fidelización do Banco Santander .
-
Tratamento fiscal dos intereses trimestrais que perciban polos mesmos e, se é o caso, da futura venda dos bonos de fidelización:
-
TRIBUTACIÓN : Xeraranse rendementos do capital mobiliario, computandose os intereses polo seu importe íntegro, e a venda dos bonos pola diferenza entre o valor de transmisión e o valor de adquisición, que será o valor de mercado sinalado no punto anterior.
-
Estes intereses abóanse en 2018, polo que non deben incluírse na declaración de renda do exercicio 2017. Deberán incluírse a partir da declaración do exercicio 2018.
B) Accionistas que non acepten os bonos de fidelización
Tratamento e integración da amortización das accións do Banco Popular Español S. A.:
-
TRIBUTACIÓN: Xérase unha perda patrimonial derivada da transmisión e cuxo importe é a diferenza entre o valor de transmisión (0 euros) e o valor de adquisición pago polo contribuínte, a integrar na base impoñible do aforro.
-
RENDA 2017 : A información contida nos datos fiscais destes contribuíntes indica que deben ter en conta esta perda derivada da amortización das súas accións do Banco Popular Español.