Dedución por familia numerosa
Quen ten dereito á dedución, que contía che corresponde e como facela efectiva
Importe da dedución
O importe máximo é de 1.200 € anuais (100 € ao mes) cun incremento do 100% para familias numerosas de categoría especial.
A partir de IRPF 2018 por cada un dos fillos que formen parte da familia numerosa, que exceda do número mínimo de fillos esixido para que a devandita familia adquirise a condición de familia numerosa de categoría xeral ou especial, os importes anteriores pódense incrementar ata 600 € anuais.
Pode haber máis dunha persoa con dereito á dedución pola mesma familia numerosa.Neste caso, o importe ratearase entre todas, por partes iguais, salvo que cedades o dereito a unha delas que será a que perciba integramente o importe da dedución.