Normas de funcionamento
Baseadas nos principios de transparencia e confianza mutua
(nova redacción tras as modificacións aprobadas na terceira sesión plenaria do Foro)
IV. Modificación das Normas de funcionamento do Foro
Calquera proposta de modificación das presentes Normas de funcionamento deberá ser presentada á Secretaría Técnica para a súa elevación ao Pleno. Presentada unha proposta de reforma e informada pola Secretaría Técnica, o Pleno someteraa a debate e aprobación, se é o caso, por consenso.