Estatística dos declarantes do IRPF por municipios
Preséntase a Estatística dos declarantes de IRPF por municipios (EDM) que ofrece unha perspectiva integral (tanto rendas suxeitas ao imposto como exentas) da renda persoal bruta (antes de reducións, mínimos e gastos deducibles) das persoas declarantes; así como unha estimación da renda dispoñible, descontando á renda bruta a cota líquida resultante do imposto e as cotizacións sociais e dereitos pasivos a cargo da persoa traballadora consignada na súa declaración.
As fontes informativas utilizadas na EDM son o modelo 100 de declaración anual do IRPF e o resumo anual 190 de retencións e ingresos a conta para as rendas exentas. A estatística analiza os distintos compoñentes da renda persoal bruta (traballo, capital mobiliaria, capital inmobiliaria, rendas de actividades económicas, outras rendas, ganancias patrimoniais netas e rendas exentas) e tamén presenta os importes das principais partidas agrupadas das partidas da declaración, tanto a nivel nacional e Comunidade Autónoma como (e esta é a novidade) por provincia ou municipio de máis de 1.000 habitantes. Ademais, permite obter resultados agrupando todos os municipios de territorio fiscal común, dunha Comunidade Autónoma ou dunha provincia segundo o tamaño da súa poboación (a partir dos datos oficiais do Padrón de Poboación do Instituto Nacional de Estatística).
Hai que destacar que a información declarada no IRPF refírese á totalidade de rendas percibidas no ano de devindicación por todos os membros que integran unha unidade familiar. Polo tanto, non pode interpretarse a renda media por declaración nin como renda individual nin como renda por fogar ou familia en sentido estrito, xa que dependerá da modalidade de declaración (individual ou conxunta) escollida. Non obstante, a estatística incorpora como información adicional o número total de titulares declarantes (un en individual e conxunta monoparental, dous en conxunta de casados) para aproximar o total de persoas adultas contribuíntes do imposto.
Próxima publicación: outubro de 2025 (Datos de 2023)