Notas informativas
Breve información aclaratoria sobre a presentación de determinadas informativas.
Modelos 159 e 179. Recordatorio sobre a correcta identificación de bens inmobles
Lémbrase a necesidade dunha correcta identificación dos bens inmobles nas seguintes declaracións informativas:
MODELO 159 – Declaración Informativa. Declaración Anual de consumo de enerxía eléctrica.
Con respecto ao modelo 159, lémbrase para estes fins, a importancia de:
-
Identificación do código do municipio en que se sitúe o inmoble.
O artigo 38 do Real decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, establece que existe obriga de que a referencia catastral dos bens inmobles, conste nos contratos de enerxía eléctrica.
MODELO 179 – Declaración informativa trimestral da cesión de uso de vivendas con fins turísticos.
Con respecto á declaración informativa, modelo 179, é necesaria unha correcta Identificación do ben inmoble a través do NÚMERO DE REFERENCIA CATASTRAL, que previsiblemente será así mesmo obrigatorio na DAC 7.