Notas informativas
Breve información aclaratoria sobre a presentación de determinadas informativas.
Certificado electrónico FNMT con DNI sen cita mediante vídeo identificación
Este recordatorio ten por obxecto informar da posibilidade de obtención de certificado electrónico para persoas físicas que ofrece a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), a través de vídeo identificación.
A obtención do certificado non é de todo inmediata porque o "vídeo coa identificación "do solicitante ten que ser avaliado pola FNMT. Ademais a xestión do vídeo de identificación na Sede Electrónica da FNMT comporta, polo menos polo de agora, un custo (de 2,99 € + Impostos).
Información sobre a nova forma de obter o certificado de cidadán / persoa física, con DNI. Tamén está publicado o seguinte vídeo da FNMT .
O certificado obtido por vídeo identificación ten algunhas limitacións. Non permite obter de forma en liña un certificado de representante de tipo Administrador Único ou Solidario na Sede da FNMT nin o de representante de persoa xurídica na Sede da Axencia Tributaria.